Campaña de reparto de cinceiros de plástico reciclado nas praias carballesas

As concellarías de Medio Ambiente e Servizos de Carballo, coa colaboración das empresas Sulo e Acciona, poñen en marcha unha campaña de reparto de cinceiros de plástico reciclado entre as persoas usuarias das praias carballesas. O obxectivo principal é a eliminación das cabichas, que, como se puido comprobar en anos anteriores, constitúen un dos residuos máis habituais nos areais, pero os cinceiros, que teñen forma de cucurucho, tamén poden empregarse para cascas de pipas, envoltorios de caramelos ou calquera outro residuo pequeno.

En total, o Concello puxo a disposición da cidadanía 2.000 cinceiros _achegados pola empresa Sulo, que fabrica colectores, papeleiras e distintos produtos medioambientais con plástico reciclado_ que serán distribuídos a pé de praia polo persoal do servizo de limpeza, aínda que tamén poderán solicitarse nos postos de salvamento e na Oficina de Información Turística.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha