Campaña de retirada de residuos mariños en Ponteceso

Protección Civil de Ponteceso estase empregando a fondo na retirada de residuos mariños e a eliminación de verquidos incontrolados. Redes, plásticos e todo tipo de residuos serán retirados ao longo de todo o mes de xaneiro. O  alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido,  agradeceulles a campaña de retirada de residuos e tamén o traballo da agrupación que foi esencial nos día de temporal, retirando numerosas árbores e resolvendo outras incidencias por todo o Concello de Ponteceso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha