Campaña de seguridade viaria no CEIP O Coto de Negreira


  • Ten por nome ‘O corazón está do teu lado’ e trata de fomentar hábitos responsables nas estradas entre os escolares.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, en colaboración coa de Educación, ten en marcha esta campaña dirixida a cativos de 6 a 12 anos, que entre o pasado curso e o presente chegará a 40 colexios.
Os alumnos, a través das unidades didácticas que empregarán co profesorado, aprenden a importancia de utilizar as sendas peonís, cruzar nos pasos de peóns ou facerse ver o máximo posible ante os vehículos que circulan pola vía.
A iniciativa busca que os máis novos se preocupen pola súa propia seguridade viaria e contribúan, deste xeito, tamén á dos demais.