40
O Concello de Coristanco pon en marcha unha campaña de trampeo da avespa velutina, polo que convida a todos/as os/as interesados/as na sesión informativa que terá lugar o vindeiro luns 6 de marzo, ás 19h, no Edificio de Servizos Múltiples. Esta acción formativa ten como finalidade achegar información a toda a poboación sobre a loita contra esta especie invasora que está a minguar a produción local de mel e de froita. Durante a mesma poderase solicitar unha trampa e líquido atraente de balde. Esta campaña de trampeo concentrarase entre os meses de marzo e maio, coincidindo coa aparición dos primeiros niños primarios, o que permite capturar ás raíñas e evitar así a formación de futuros niños secundarios.