Campaña de Vieiro con motivo do Día Mundial sen Tabaco

0 minutes read

A Asociación Vieiro ten previsto celebrar en Carballo unha campaña de sensibilización a través da distribución de información e materiais con motivo do Día Mundial sen Tabaco o 31 de Maio, que esta entidade adianta ao 30 de Maio para que coincida co mercado e conseguir chegar a maior poboación posible.

Instalaranse durante a mañá dúas mesas informativas, unha no Centro de Saúde e outra na rúa Coruña de Carballo, onde se repartirá material divulgativo, agasallos e información a todas aquelas persoas que a soliciten.