Campaña día 9 | De Sánchez a Abascal. Todos os líderes estatais pasan por Galicia esta fin de semana

Entramos de cheo na última semana de campaña camiño do 12-X e as diferentes formación poñen toda a carne na grella para a captación dos votos. Sánchez, Casado, Iolanda Díaz, Inés Arrimadas ou Santiago Abascal protagonizaron actos nas últimas horas. Aí vai o diario de campaña.

Partido Popular
Mariano Rajoy, Juan Manuel Moreno Bonilla e Pablo Casado aterraron este sábado na campaña do PP galego. Rajoy pasou polos concellos ourensáns de Cenlle e Beariz. O líder dos populares fixo un treito do Camiño en Pontevedra. E o presidente andaluz pasou por A Coruña, As Pontes, Pontedeume e Oleiros con Alberto Núñez Feijóo. Feijóo fixo un chamamento «a unirse nas urnas para que Galicia avance outros catro anos máis». Casado pediu o voto «para apostar pola estabilidade fronte a un mexunxe de partidos». Rajoy dixo que Feijóo é o candidato «da integración de todos os galegos».

PSdeG – PSOE
O presidente Pedro Sánchez volveu a Galicia para apoiar ao seu candidato, Gonzalo Caballero. Sánchez pediu o voto a todos os que votaron ao PSOE nas xerais e nas municipais. Caballero refrendou o seu compromiso por Galicia como causa e fin.

BNG
Ana Pontón asegurou en Lugo que o «turismo electoral» dos partidos centralistas non lle mete medo para seguir «defendendo o noso e confiando no propio», unhas palabras que pronunciou nun acto nunha Praza Maior ateigada de xente.

Galicia en Común
O candidato de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, pediu o voto en Pontevedra xunto á ministra de Traballo, Iolanda Díaz. Este domingo aterra en Galicia Pablo Iglesias.

Marea Galeguista
O candidato da Marea Galeguista mantivo unha xuntanza en Tui con afectados pola explosión da pirotecnia de Paramos e avaliou o peche da fronteira con Portugal con axentes económicos da zona. Pancho Casal instou á Xunta a presentar o seu protocolo de actuación para facer fronte a rebrotes como o de A Mariña. Casal pediu que se deixe de convidar á xente a que leven as papeletas da casa porque perxudicaría á súa formación, pois eles non enviaron papeletas a domicilio. O líder da Marea Galeguista tachou de «postureo» a suspensión dos actos en A Mariña por parte doutras formacións.

Ciudadanos
A candidata de Ciudadanos, Beatriz Pino, pasou polo Mercado de Abastos de Pontevedra, onde dixo que os galegos «teñen gañas do cambio tranquilo que representa Ciudadanos». Pino tamén protagonizou un acto en Vigo xunto á líder laranxa, Inés Arrimadas.

Vox
Santiago Abascal protagonizou en A Coruña un acto da formación de ultradereita. Abascal chamou a gañar nas urnas «aos que boicotean os actos de VOX».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha