Campaña do BNG con motivo do 8M, con ‘SloMo’ como exemplo da ‘cosificación’

O BNG presentou este xoves a campaña con motivo do 8M, nesta ocasión centrada na denuncia da cousificación e na sexualización da muller, que persiste a día de hoxe e que mesmo é normalizada cando desde un ente público como TVE se elixe unha canción, -SloMo-, cuxa letra incide en dar unha imaxe estereotipada das mulleres, letra que é utilizado pola formación nacionalista precisamente para facer a súa campaña.

“A pretensión é denunciar que sigue existindo unha cousificación e sexualización dos  corpos das mulleres”, sintetizou a portavoz nacional, Ana Pontón, a quen lle parece especialmente grave que un medio público se sume a normalizar esa concepción e esa imaxe a través dunha letra que a campaña do BNG convida a reescribir.

O 27 de febreiro, RTVE afirmou que está disposta a corrixir a letra do tema se así o suxire o Observatorio de Igualdade de RTVE, que se atopa analizando esta cuestión. Poucos días antes, o presidente da Corporación, José Manuel Pérez Tornero, defendera a candidatura de Chanel ante as críticas do PSOE, que considera que a canción «remite á prostitución».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha