Campaña do Parque Nacional das Illas Atlánticas para dar a coñecer as súas bolboretas

1 minutes read

A pesar da súa importancia ecolóxica e da necesidade de garantir a súa protección, as bolboretas seguen sendo unhas grandes descoñecidas. Coa finalidade, precisamente, de paliar esa falta de información con relación a este grupo faunístico e dalo a coñecer entre os seus visitantes e a poboación do seu entorno, o Parque Nacional vén de publicar unha serie de materiais divulgativos centrados nesta especie.

Trátase por unha banda dun folleto informativo que recolle as 35 bolboretas máis frecuentes no parque con figuras que axudan a súa identificación e, no seu caso, a distinguir o sexo do exemplar, cando existen diferencias na súa morfoloxía. Estes folletos completaranse cun póster en formato de 50 por 70 centímetros coa totalidade das 51 variedades presentes no Parque Nacional.

No marco desta campaña divulgativa darase tamén aos visitantes información específica para cada especie, como a súa época de voo, as illas nas que se ten constatada a súa presencia e a súa frecuencia e tamaño.