A campaña que leva por nome Máis de Carballo que o pan, ten o obxectivo de fortalecer a marca Panadarías de Carballo, incrementar a proxección do pan de Carballo fóra do municipio e da comarca coma un recurso gastronómico con grandes posibilidades turísticas e revalorizalo a nivel local con iniciativas que impliquen a outros sectores económicos, coma a hostalería.
Despois da implicación do sector na celebración do Día Mundial do Pan o pasado 16 de outubro, todas as panadarías locais volven a sumarse á campaña promovida polo Concello para impulsar as vendas do roscón de Reis e para que «o pan máis real», como di o lema da iniciativa, estea presente en todas as celebracións familiares.
En todos os establecementos do sector podes ver estes días carteis co molete que protagoniza a campaña Máis de Carballo que o pan ataviado coa coroa real, e tamén nas redes sociais municipais.