31
Os candidatos ás primarias do PSdeG seguen a manter encontros coa militancia para achegarlles o seu proxecto. Gonzalo Caballero estivo en Noia e en Monforte. Alí reuniuse coas bases do partido. O actual secretario xeral asegura que está a observar «unha mobilización crecente» da militancia «para apostar polo único proxecto gañador contra a dereita».
Pola súa banda, Valentín González Formoso reuniuse coa militancia socialista en Mos e en Cuntis. Formoso asegura que o 30 de outubro, día en que concluirá o proceso de primarias, decidirase se o partido se resigna «a pelexar por ser os segundos ou os terceiros» ou se quere «aspirar a gobernar en Galicia».