Campaña para poñer en valor o patrimonio público e histórico coruñés

1 minutes read

O Concello realiza unha campaña de sensibilización para poñer en valor todo o patrimonio común da Coruña tanto o mobiliario urbano e os monumentos históricos coma os baños públicos, ao seren elementos que ofrecen un servizo necesario para as/os coruñesas/es e lles dan unha identidade propia. Por unha banda, a idea é reflectir a importancia de que estas instalacións dean cobertura á veciñanza e, por outra, promove na audiencia máis nova valores de convivencia e tolerancia.

Deste xeito, creouse un vídeo en Tik Tok na conta @stopvandalismocoruna cun baile con coreografía da influencer galega Melissa López, en que as seguidoras e os seguidores poderán repetir os pasos en formato dúo nun baño e participaren até o 25 no sorteo dun patinete eléctrico con casco incluído. Para a poboación non tan moza, a campaña vai até o Obelisco en formato exposición para lle recordar á cidadanía o conxunto patrimonial do que gozan na Coruña a través das historias de tres veciñas/os.