Campaña para promover a xestión sostible dos residuos no polígono de Carballo

1 minutes read

Desde a Comunidade de Propietarios do polígono de Bértoa aspiran a que o parque industrial non só sexa recoñecido polo seu dinamismo empresarial e económico senón tamén pola calidade dos seus servizos e polo seu compromiso coa sustentabilidade ambiental, polo que piden a correcta xestión dos residuos producidos pola actividade industrial e comercial. Por iso, desde a Comunidade de Propietarios, en colaboración co Concello, poñen en marcha a campaña Avanzando cara a sustentabilidade, presentada este martes nun acto no que participaron representantes de Coregal, da Comunidade de Propietarios e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. O obxectivo da campaña informativa é a mellora global na xestión dos residuos xerados polas empresas, o que significará un importante paso cara a sustentabilidade.