O deputado do BNG, Néstor Rego, acompañado pola deputada no Parlamento de Galiza, Iria Carreira, e as concelleiras de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartin e Navia Rivas, presentou unha campaña social co obxectivo de conseguir que o Goberno español active as rebaixas da AP9 comprometidas no acordo de investidura asinado entre BNG e PSOE. Así mesmo, a organización nacionalista solicitou no Congreso que a Lei de transferencia de competencias da autoestrada se faga pola vía de urxencia. Rego afirmou que “detrás deste tema non só se atopa o BNG senón o conxunto da sociedade galega” posto que o BNG leva tendo reunións con múltiples colectivos afectados polas portaxes: “desde asociacións de veciños e veciñas a transportistas profesionais, que están dispostas a mobilizarse”.
Campaña social do BNG para que o Goberno do Estado aplique xa as rebaixas na AP-9
Cedida.