Campaña socialista en Cee, Carballo e Vimianzo

2 minutes read

O candidato número 1 do PSdeG-PSOE ao Senado na provincia, Xosé Sánchez Bugallo, estivo este domingo na feira de Cee, acompañado polo tamén candidato socialista a senador pola mesma circunscripción Fabián Canosa e pola alcaldesa socialista do municipio Margot Lamela. 

Bugallo sinalou que “Vox verbaliza o que o PP pensa pero non se atreve a dicir sobre a reforma das pensións que propoñen”, en referencia a unhas declaracións de Espinosa de los Monteros nas que este reclama que as pensións queden conxeladas ata que se elimine o déficit público. 

“Noutras palabras, isto significaría que durante os próximos 4 anos estarían conxeladas as pensións, e, polo tanto, todos os pensionistas perderíamos en torno a un 10% ou incluso un 20% do noso poder adquisitivo tendo en conta a inflación previsible”, explicou Bugallo. 

En Carballo, estiveron Obdulia Taboadela, Natividad González e Begoña Rodríguez Rumbo, entre outros.

En Vimianzo, José Miñones, Bernardo Fernández e Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, visitaron a Alejandro, militante histórico do PSOE, antes de desprazarese á Festa da Faguía de Carnés.

José Miñones, Bernardo Fernández e Mónica Rodríguez, acercáronse á Faguía de Carnés, unha das festas veciñais máis antigas de Galicia, historia viva desta parroquia e famosa polos callos que preparan.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?