Campaña solidaria da Escola Basket Xiria e a Cruz Vermella

Cedida.

A Escola Basket Xiria colabora, como tódolos anos, coa Campaña de recollida de Xoguetes novos (non bélicos, non sexistas) de Cruz Vermella de Carballo.
Cruz Vermella, co eslogan “Os seus dereitos en xogo – Coa túa axuda, teñen moito que aprender”, tentará facer realidade o desexo que temos todas e todos de que tódolos nenos e nenas da contorna reciban un agasallo este Nadal.
Por mor da situación sanitaria, os xoguetes poderán entregarse directamente na oficina de Cruz Vermella de Carballo ata o 23 de decembro en horario de luns a xoves de 9 a 14h e de 16 a 18h e os venres de 9 a 14h.
A área social da Escola Basket Xiria sempre sensible, implicada e solidaria coas causas que fomenten a igualdade e apoio ás familias na mellora da súa calidade de vida, tamén colaborará poñendo varias persoas voluntarias do club, a disposición de Cruz Vermella para colaborar na tarefa de envolver os regalos.
A presentación do evento tivo lugar este martes na sede de Cruz Vermella de Carballo e contou coa presenza do seu presidente, Roberto Mallo, e o da Escola Basket Xiria, Primitivo X. Reguera.