Campaña “Ti decides” para concienciar á xuventude sobre a violencia de xénero


Ti decides” é o lema da campaña que o Concello da Coruña, a través da Concellería de Benestar Social, pon en marcha con motivo da celebración o próximo 25 de novembro do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O obxectivo: concienciar á xuventude sobre a violencia sexual, unha das manifestacións máis duras da violencia de xénero, e sobre o seu dereito a acceder a unha información axeitada para abordar as relacións sexuais.

Trátase dunha campaña para eliminar estereotipos e ideas sexistas que circulan polas redes e que constitúen a esencia da violencia de xénero como son o dominio, o control, e o maltrato físico y psicolóxico do home sobre a muller.

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, sinalou que Internet e as redes sociais propiciaron novas formas de maltrato cara ás mulleres cada vez a idades máis temperás. Neste senso, Neira quixo incidir na falta de información sexual que existe nestes momentos entre unha xuventude que constrúe parte das súas relacións sexuais a través da Internet, as redes sociais e a pornografía con todo o que iso significa, e onde se cousifica a muller, e onde a muller se converte nun obxecto para ser aceptada”, dixo.