Cancelada a 37ª edición da Festa da Carballeira de Zas

Foto.- Cedida.

A Asociación Cultural Castro Meda emitiu un comunicado no que dende a organización da Festa da Carballeira de Zas senten comunicar a CANCELACIÓN da 37 edición do festival que se iba celebrar o 31 de xullo e o 1 de agosto de 2020.

Afirman que “A situación actual non nos permite garantir a seguridade de todas as persoas participantes no festival (voluntarios, artistas, técnicos, provedores e público).
É unha decisión tomada dende a responsabilidade, con todos os participantes, pero sobre todo, responsabilidade cos nosos veciños e os nosos maiores aos que queremos seguir vendo en futuras Carballeiras”.

Expresan o seu agradecemento a patrocinadores, provedores e artistas cos que xa tiñan contactado para participar na presente edición, e o agradecemento a todo o mundo que os apoiou nestes 36 anos, nos que, pese a momentos moi difíciles, nunca se tivo que suspender ningunha edición.

“Para toda a xente que estamos detrás deste evento foi unha decisión moi dolorosa e moi difícil, pero voltaremos! e haberá máis Carballeiras. A nosa intención é que a de 2021 sexa unha edición especial, máis plural, máis galega ca nunca, e sobre todo libre de virus. Moitas gracias a todos/as, vémonos os 6 e 7 de agosto de 2021, NA CARBALLEIRA DE ZAS”.