- A alcaldesa, Mónica Rodríguez, móstrase preocupada pola situación que atravesa o municipio
O concello de Vimianzo decidiu suspender a feira deste xoves debido á incidencia do coronavirus no municipio, e as actividades culturais para esta fin de semana tamén quedan adiadas ata novo aviso.
Así o comunicaron desde o goberno local despois de que se reunise a comisión de seguimento da Covid-19, integrada pola alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; representantes da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil e unha traballadora de Servizos Sociais da administración local.
A rexedora apela á responsabilidade individual e recoñece que lle preocupa a situación que «atravesa o noso municipio», e lembra que os cidadáns debemos «manter as distancias e intentar limitar os contactos sociais ata que a situación estea controlada».
Este venres a comisión volverá a reunirse para avaliar a situación.