Cancelada por segundo ano consecutivo a Feira Franca de Pontevedra


A cidade de Pontevedra non celebrará este 2021 a súa tradicional Feira Franca. Tras facer unha análise da situación actual da pandemia e as últimas restricións dende o concello pensan que non existe a posibilidade de deseñar unha romaría alternativa e manter a esencia da feira sen incumprir as medidas sanitarias. Por iso, e a pesar de que aínda quedan tres semanas para a data na que adoitaba celebrarse esta festa medieval, optouse pola cancelación do evento.