Canceladas máis de 40 escalas de cruceiros en Vigo

O Porto de Vigo cancelou máis de corenta escalas e tampouco se producirán as 25 programadas ata final de ano. As grandes navieiras suspenderon todas as viaxes desde o comezo da crise sanitaria e as perdas son millonarias no sector.

Desde o Porto lamentan a situación e son conscientes das dificultades en caso dun contaxio a bordo.

A industria dos cruceiros reclama a equiparación coa apertura das fronteiras por terra e por aire onde xa están operando as compañías aereas. Os empresarios temen perdas noutros sectores como o comercio e a restauración das cidades que cada ano reciben milleiros de transatlánticos.

O Goberno central insiste en que a chegada de transatlánticos suporía un risco que podería afectar o progreso realizado para conter a pandemia e polo momemto prohibiu este tipo de tráfico de xeito indefinido.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha