Da man da Asociación Cultural San Campio, unha das máis activas das parroquias carballesas, Cances acollerá esta fin de semana dúas actividades moi consolidadas xa entre o vecindario do lugar. A primeira, con toque musical, será este venres día 11 ás 21:00 horas, o local social da parroquia será o escenario da décimo sexta edición do festival pop-rock ‘Live In Cances’. As estrelas da velada serán os grupos ‘Tu Futura Exmujer’ e’Doctor Snob’. Pero como non se vive só de música, o sábado 12 ás 20:00 horas no mesmo lugar haberá teatro a cargo de Vagalume Animación e moita máis música, aínda que dun estilo diferente, a cargo de Mar de Caión. Como aperitivo gastronómico non faltarán as castañas asadas, o chocolate, os biscoitos, o viño e moita festa.
34