Desde a concellería de Turismo, Seguridade, Tráfico, Servizos e Agro de Malpica, o seu responsable, Alfredo Cañizo Garrido, lanzou unha mensaxe nas redes sociais por medio da cal informa a cidadanía, tanto da vila como das parroquias, que o concello habilitará unha máquina para que cando sexa necesario, polas noites, pase a desinfectar todas as rúas do municipio. Esta medida trata de reducir o posible contaxio por coronavirus no termo municipal, onde tal e como informou o concelleiro, tan só hai dúas persoas coa enfermidade, e que evolucionan de xeito favorable.