Malpica viviu unha xornada moi intensa este domingo co arranque da programación de Nadal, que organiza a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, en colaboración coas entidades locales.
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, o concelleiro de obras, Miguel Ángel Fernández Mirás e a concelleira de Cultura Deportes e Patrimonio, Noelia Freijeiro inauguraron o Mercadiño de Artesanía de Nadal
A actividade, ubicada na Rúa Eduardo Vila Fano, tivo moi boa acollida cos diferentes postos entre os que destacaban artesanía en vivo de cestería, as redeiras do Fieital, ademais de diversas actuacións do Apalpador, os Monifates e o Mago Charlangas completaron a xornada lúdica festiva que concluíu coa II Foliada de Cantos de Nadal da man das asociacións AC Raigañas, ACD Carcaxía e AC Malante.