Canyissos chegará este venres á Sala de Exposicións Antón Mouzo de Vimianzo

O Concello de Vimianzo e a Fundació Baleària ‘Art amb B’ presentarán este venres a exposición colectiva de pintura Canyissos. Unha mostra que reúne a 54 artistas de Baleares, Valencia e Galicia, a través do cañizo  (canyisso en catalán) que é o lenzo das súas obras de arte.

Esta táboa de madeira, típica da zona de Porreres, Mallorca, servía para secar os albaricoques (de 1940 ata finais do século XX) . Agora o cañizo é o elemento unificador desta exposición, que reivindica os valores tradicionais. Unha homenaxe ás persoas que adicaron a súa vida a estes traballos artesanais no campo e aos seus produtos.

Nesta exposición colectiva participa o vimiancés Xurxo Martinho e a camariñana Purificación Lema del Río. A inauguración será o venres 7 de outubro ás 20:00 horas na Sala de Exposición Antón Mouzo da Casa da Cultura de Vimianzo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha