Caolines de Vimianzo pioneira en recibir a certificación de normas UNE

  • Ao acto asistiron tamén varios alcaldes da Costa da Morte, así como a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodriguez.

O director xeral de Enerxía e Minas, Anxo Bernardo Tahoces, asistiu este martes en Vimianzo ao acto de entrega de certificación de normas UNE á empresa Caolines de Vimianzo (Cavisa) en xestión de minería sustentable -o que a converte na primeira compañía galega en obtelas-, onde destacou que o modelo promovido por esta empresa é o único que ten futuro. Así, o director xeral asegurou que Cavisa é un exemplo de integración social e ambiental e explicou que a empresa levará un seguimento exhaustivo da súa compatibilidade ambiental, do seu impacto social e da súa calidade laboral.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha