Capturadas en Carballo 10.556 raíñas de avespa velutina en dous meses

1 minutes read

O Servizo Municipal de Control de Pragas conta con 77 colaboradores/as repartidos polas 18 parroquias. Coas 7.870 raíñas capturadas no mes de abril, suman un total de 10.556.

Esta intensa campaña, coordinada polo Servizo Municipal de Control de Pragas, ten como finalidade diminuír a incidencia da presenza da avespa velutina por todo o termo municipal.

En todas as parroquias rexistráronse capturas, aínda que nunhas máis ca noutras. Practicamente a metade conseguíronse entre Rus, Razo e a zona de Baldaio. A campaña prolongarase ata finais deste mes de maio.

Ademais, segue en activo a retirada de niños. No mes de abril foron retirados 6: 3 na parroquia de Entrecruces e 3 na de Sofán. Os avisos poden realizarse a través dos teléfonos 112 o 012 ou a través da APP do Concello de Carballo que podes instalar no teu teléfono móbil.