Cara a cara de Biden e Putin

Finalmente o encontro produciuse en Villa A Grange, en Xenebra. Ambos chegaron por separado, o presidente ruso Vladimir Putin directamente desde o aeroporto, onde aterrou. O presidente estadounidense Joe Biden uns minutos despois, tras pasar a noite en Xenebra. Para tentar rebaixar algo de tensión por ambos os lados Biden asegurou que é mellor verse directamente e o presidente ruso referiuse á súa vontade de que o cume fose produtiva.
Biden asegurou que o seu principal obxectivo é simplemente establecer «liñas vermellas» claras sobre o que a Casa Branca non tolerará máis de Rusia. Esta vez, as tensións non teñen que ver tanto coas armas nucleares estratéxicas ou ideoloxías enfrontadas como co que a administración Biden considera un réxime cada vez máis hostil que incumpre as normas. «Non busco o conflito», dixo en Bruxelas tras o cume da OTAN, pero «responderemos se Rusia continúa coas súas actividades daniñas».
Biden e Putin reuníronse en primeiro lugar na biblioteca da vila só con tradutores e co Secretario de Estado estadounidense Antony Blinken e o seu homólogo ruso, o Ministro de Asuntos Exteriores Sergei Lavrov.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha