Caravana de camións en protesta polo paro da planta das Pontes

Preto de 150 camioneiros iniciaron a caravana ás oito da mañá, con saída das Pontes e circulando pola estrada nacional, polo que se motivaron grandes retencións nesta vía.

O dispositivo de tráfico establecido contempla o estacionamento dos vehículos pesados nunha área residencial nas proximidades da entrada á cidade herculina. En concreto, os camións quedaron aparcados no parque Ofimático e, desde alí, os camioneiros foron trasladados en autobuses cara á estrada do Porto, de onde partiu a marcha a pé cara á Delegación do Goberno, na praza de Ourense.

No encontro co delegado do Goberno, Javier Losada e co alcalde pontés, Valentín González, espérase que se concrete unha data para a próxima reunión que se comprometeu a manter o Ministerio de Transición Ecolóxica con Endesa e as partes afectadas por este parón.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha