Caravana quilométrica en Lugo contra o peche de Alcoa

16 quilómetros chegou a medir a caravana de vehículos que percorreu varias localidades da comarca da Mariña e que se desprazou este domingo ata Lugo para reclamar solucións que eviten o peche da planta de Alcoa.

Traballadores da empresa, que enfronta un Expediente de Regulación de Emprego en período de negociación que ameaza até 543 postos de traballo, foron apoiados pola veciñanza da comarca. O presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, asegurou que a participación “foi impresionante”.

Os asistentes procuraron conducir a modo e agrupados, sinalou Zan, salientando que cando os primeiros coches remataron de rodear a muralla de Lugo aínda entraban vehículos na cidade. Segundo trasladou a Dirección Xeral de Tráfico a caravana chegou a ter ata 16 quilómetros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha