43
O alcalde de Ponteceso Lois García Carballido publicou un vídeo no que explica as obras que se incluirán no Plan de Obras e Servizos -POS- da Deputación da Coruña e que se votará esta tarde no Pleno municipal. Carballido fai un chamamento á responsabilidade para que Ponteceso non volva a perder o POS, tal e como acontecera o ano pasado e tal como aconteceu tamén este mércores en Muxía.