Carballo | 22 finalistas aspiran aos Premios Youtubeiras 2022

Pazo da Cultura_Concello de Carballo

Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, xa teñen finalistas para os seus oito premios. En total, 22 serán as propostas que disputarán os galardóns desta sexta edición, que dará a coñecer o seu palmarés o vindeiro sábado, 28 de xaneiro. Ese día, o Pazo da Cultura de Carballo acollerá a gala de entrega dos Premios Youtubeiras. A actriz e narradora oral Cristina Collazo será a presentadora e Laura Lamontagne & PicoAmperio encargaranse de lle pór música ao evento. A organización de Youtubeiras destaca a concorrencia acadada neste 2022. Presentáronse a concurso 74 canles. Cómpre salientar que 45 delas non se inscribiran con anterioridade aos premios e gran parte son de recente creación. A cifra deste ano duplica a que se logrou en 2021, edición na que se postularon 38 canles.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha