Despois da marabillosa experiencia vivida nas Illas Cíes, a agrupación convida de novo ás familias a participar nunha nova xornada de convivencia para despedir o verán cun gran sorriso. O destino nesta ocasión será a praia da Magdalena, no concello de Cabanas, e a data xa está marcada: o domingo, 17 de agosto.
A actividade incluirá o desprazamento en autobús, con saída ás 12:00 horas desde Carballo e regreso previsto a partir das 19:00 horas. O custe do transporte será de 10 euros por persoa adulta, mentres que os nenos e nenas viaxarán de balde.
Como é habitual, a proposta consiste en levar a comida e bebida da casa, compartir un picnic ao aire libre e gozar dunha tarde de sol, xogos e boa compañía. Tras xantar, as familias reuniranse na mesma zona da praia para favorecer a convivencia entre pequenos e maiores.
As prazas no autobús son limitadas, polo que dende a entidade animan ás familias interesadas a reservar canto antes a través do formulario habilitado. Tamén será posible unirse á actividade desprazándose polos seus propios medios; neste caso, agradecen que se avise previamente á organización.
Esta saída afirman que representa, moi probablemente, o último respiro familiar do verán, polo que agardan contar con todas as familias para facer desta xornada un novo día inesquecible.