Carballo | A biblioteca Rego da Balsa recibe decembro cunha gran oferta cultural

2 minutes read
  • Teatro, poesía e música completan unha programación destinada a un público familiar

O Nadal xa recende en Carballo. Esta semana procederase ao acendido da iluminación especial destas datas e tamén arrinca a programación posta en marcha desde a concellaría de Cultura. Desde este mércores e ata o 17 de decembro, a biblioteca Rego da Balsa acollerá varios espectáculos para todos os públicos.

Mércores 1. Arrinca a programación coas ‘Aventuras na cociña’ de TrinkeTrinke Teatro, un espectáculo para nenas e nenos de 4 a 8 anos que pretende introducilos nos hábitos de alimentación máis saudables. Como é habitual, os Ratos de Lonxedetodo ofrecerán dúas funcións, ás 17.00 e ás 18.30 horas, que tamén poderán visualizarse a través das resdes sociais do Concello de Caraballo.

Xoves 2. Tarde poética co escritor carballés Raúl G. Herrera, que presentará a súa obras ‘Além do tempo dos reloxios’. Será a partir das 19:00 horas. Tamén haberá un recital poético.

Sábado 4. A asociación Aloumiños desenvolverá na biblioteca o festival IncluSON, ofrecendo un espectáculo moi doce: ‘Di e os amorodos’. Esta obra está especialmente indicada para nenos maiores de catro anos e comezará ás 11:00 horas. Será preciso reservar praza chamando ao 981758580.

Mércores 15. A música será a protagonista desta xornada grazas a Maio Creacións e a súa obra ‘A viaxe de Mina’, un espectáculo musical da Rede Galega de Teatros e Auditorios sobre unha nena diferente cuxa historia permitirá aos asistentes abordar temas como a igualdade, o respecto e a tolerancia. Jorge Casas e Lorena Hermida protagonizan esta proposta destinada ao público familiar que se desenvolverá a partir das 17:00 horas.

Viernes 17. A programación de Nadal rematará ás 19:30 horas coa presentación da autobiografía de Sergio Moure de Oteyza, ‘A imaxe sonora’. O compositor carballés, que vén de recibir o Premio Especial do Festival Internacional de Cine de Ourense, reencontrarase coa vila na que pasou a súa infancia nun acto aberto a todo o público ata completar aforo.