Carballo | A brigada de incendios forestais xa traballa nas zonas máis sensibles dos ríos

Brigada incendios forestais_Cedida

  • O equipo, que está formado por 8 persoas, traballa estes días na ribeira do Anllóns

A brigada de prevención e loita contra os incendios forestais está poñendo a punto as zonas máis sensibles das marxes dos ríos como a ribeira do Anllóns, onde se atopa estes días. Estes traballos, que permiten que os veciños poidan pasear máis comodamente por eses tramos, son necesarios para diminuír o risco de lumes.

A brigada, formada por 8 persoas, traballa en coordinación do Servizo Municipal de Protección Civil de Carballo desde o mes de agosto e rematará a súa actividade aos tres meses.

A agrupación desenvolve tarefas en terreos forestais de titularidade municipal ou de propiedade descoñecida, así como naqueles puntos concretos da rede viaria nos que sexa imposible limpar con medios mecánicos, tal como consta no convenio asinado entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Carballo.