Carballo | A Brigada Municipal de Obras segue coa posta a punto do patrimonio etnográfico

Cedida

  • Antes da Semana Santa acondicionaron espazos naturais e áreas recreativas, e durante estes días tamén traballan en fontes e lavadoiros

A Brigada Municipal de Obras de Carballo, reforzada nesta época do ano co equipo de traballadores perceptores da Risga, está a realizar un importante traballo de mantemento do mobiliario público e de posta en valor do patrimonio etnográfico municipal.

A veciñanza e os visitantes que se achegaron esta Semana Santa ao concello carballés puideron desfrutar de espazos naturais accesibles e acondicionados como as férvedas de Rus e Entrecruces, o conxunto de muíños de Lema ou a Ponte Lubiáns, pero tamén de áreas recreativas totalmente renovadas como a de Santa Lucía, en Artes, ou a de Outón, en Rus. Ata esta última achegouse este mércores o alcalde, Evencio Ferrero, acompañado polo xefe da Brigada Municipal de Obras, Manuel Mariño.

A Brigada Municipal de Obras continúa tamén estes días coa posta a punto doutros elementos etnográficos como fontes e lavadoiros.