Segundo a versión de varios viandantes e veciños, levaban días queixándose da caída de obxectos (restos de cascotes) á rúa desde o alto dun edificio de catro plantas localizado á altura do número 22 da carballesa rúa Gran Vía. Na tarde deste domingo a cuestión tomouse en serio e os Bombeiros actuaron sobre o problema. Para iso foi necesario cortar a rúa Gran vía varios minutos desde a confluencia das rúas Lagoa e San Xosé, ata o cruzamento con Desiderio Varela e Túnel. A Policía Local coordinou o operativo de supresión do tráfico rodado para situar a dous camións de Bombeiros no lugar, un deles o escaleira, que permitiu acceder á liña de tellado e fachada onde unhas chapas de cuberta tamén corrían o risco de desprenderse.
41