Carballo | A chuvia modifica o acto de apertura da semana grande do San Xoán

A festa levámola dentro_Ayuntamiento de Carballo

  • Será este martes, a partir das 20:30 horas, no mercado municipal. A Banda de Música Municipal dará o seu tradicional concerto o 24

A Concellaría de Festas do concello de Carballo decidiu activar o plan B para a xornada de apertura da semana grande do San Xoán ante a previsión de chuvia. Finalmente o acto, aberto a toda a veciñanza ata completar aforo, celebrarase este martes ás 20:30 horas na planta alta do mercado municipal.

Ademais do cambio de escenario, as limitacións do espazo tamén obrigan a modificar o cartel musical. O alumnado do Conservatorio Profesional de Música seguirá sendo protagonista, actuando en concreto un trío de violín, piano e clarinete formado por Eduardo Coma, Sara Pose e Xairo Campos, e un dúo de piano e saxofón integrado por Xavier Lemus e Patricia Camino. Entre as actuacións intervirán o presidente da Asociación Cultural San Xoán, Sergio Varela; a concelleira de Festas, Maruxa Suárez, e o alcalde, Evencio Ferrero.

Malia o cambio de cartel, o Concello non renuncia á «imprescindible» actuación da Banda de Música Municipal, que dará o seu tradicional concerto o xoves 24. A agrupación que dirixe Rafael Espido ofrecerá un recital na Praza do Concello a partir das 13:30 horas, coincidindo coa saída da misa dedicada ao patrón, na que o alcalde realizará a tradicional ofrenda a San Xoán.

Esa mesma noite volverá a soar a música, neste caso nas pistas do Chorís. A partir das 20:00 horas celebrarase o primeiro dos concertos A festa levámola dentro, cos grupos carballeses Chicharrón, Tu futura ex-mujer e Lowcos, tal como estaba previsto desde un principio. O venres 25, despois da misa das 12.30, sairá a única procesión das festas dedicada ao Santísimo Sacramento, e na que unicamente participarán funcionistas e autoridades. Pola tarde volverá a música ao Chorís, cos concertos de Quercus Blues e Elvis Negro a partir das 20:00 horas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha