31
A concentración virtual contra a violencia de xénero que organizou este ano a Concellaría de Igualdade do Concello de Carballo para que nin sequera a COVID-19 impida que se siga traballando día a día contra unha das lacras da nosa sociedade e visibilizando a cara máis amarga da desigualdade, logrou xuntar a case 400 persoas. A maioría dende Carballo, pero tamén dende outros puntos de Galicia, España e mesmo do mundo. Así se despediu o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, pero as actividades continúan.