O prototipo de casa prefabricada deseñada polo carballés Fran Gómez Pallas, desde o seu taller en Bértoa, segue sendo o foco de atención de centenares de persoas que cada día pasean ou circulan pola avenida de Bértoa en Carballo, onde se atopa situada, tal e como adiantabamos o 24 de xaneiro cando se comezaba a instalar. Ademais este venres viviu unha sesión fotográfica e de vídeo para a súa promoción en redes e medios. Non faltou detalle, decoración exclusiva, modelos, foto, vídeo, viño para brindar e ata choiva artificial. As cabanas prefabricadas de Quechova supoñen unha gran alternativa a unha vivenda ou segunda residencia, dado que achegan unha serie de vantaxes sobre a construción tradicional, curto prazo de entrega, deseño a medida e prezo económico, todo iso garantindo un gran confort e illamento. Utilizan materiais nobres como aceiro, ferro, madeira e panel lousa de 60 mm.

