A Garda Civil do Posto Principal de Carballo incautou 14 quilogramos de percebes na praia da Arnela en Baldaio. Os feitos ocorreron cando unha patrulla da citada Unidade, que se atopaba realizando un servizo de prevención de seguridade cidadá na zona, observou a tres persoas extraendo percebes, actividade prohibida por atopase en época de veda. A Garda Civil identificou a estas persoas e comisou os percebes os cales arroxaron tras a súa pesada un valor de 14 quilos, confeccionando as correspondentes actas denuncia por unha suposta infracción á Lei 11/2008 de Pesca de Galicia.
No transcurso da identificación os gardas civís constataron que a unha destas persoas constáballe unha requisitoria de detención e ingreso en prisión ditada polo Xulgado de Instrución Número 3 de Carballo. A Garda Civil procedeu á súa detención en cumprimento da resolución xudicial, poñéndoa, xunto coas actuacións, ao dispor do citado Órgano Xudicial. Os percebes incautados foron entregados nun centro benéfico.