31
A estrada que comunica Razo con Carballo está a sufrir varios accidentes de tráfico este verán. Os veciños da zona denuncian que coches e motos circulan a velocidades desorbitadas pola estrada provincial DP-1902.
A Garda Civil disolveu na madrugada deste pasado sábado un macrobotellón coa asistencia dunhas 300 persoas que se celebraba na praia de Razo, en Carballo. Varias chamadas de particulares alertaron os axentes da Garda Civil do que sucedía no areal con varios botellóns coa participación de centos de mozos.
Os axentes desprazáronse ata o lugar para evitar as aglomeracións e realizaron diversas identificacións e denuncias polo incumprimento das medidas sanitarias contra a covid.