Carballo | A Información pública o proxecto dun by-pass no río Anllóns na zona do Muíño do Quinto


O Concello de Carballo somete a información pública o proxecto da obra “Realización dun by-pass no río Anllóns na zona do Muíño do Quinto” e o anexo de expropiacións, por un prazo de 20 días, para que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e reclamacións que estimen convenientes, co fin de rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. O documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na Oficina Técnica municipal en horario de 10.00 a 13.00 horas.