Carballo | A IX edición do Certame Micro-Escenas M2 do FIOT xa ten finalistas

6 minutes read

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo deu a coñecer este mércores os nomes dos espectáculos experimentais de pequeno formato que foron seleccionados como finalistas do certeme e que poderán verse este mes de outubro durante a celebración da 34º edición do FIOT. 

Entre as 25 propostas recibidas, as 6 pezas seleccionadas (das cales, 5 serán estreas absolutas) son: Domitila, de Amparo Martínez; Só son unha moza com rabiade Silvia Bátega; O novode Dani Blanco; Coversde Corifeo Teatro; Alicia Wants Tode Bengala Teatro; e Gracias por su visitade Uxía Algarra. Son propostas que xogan coas artes do movemento, o teatro físico, o teatro de obxectos, o teatro inmersivo, o teatro-clown, a performance cerámica…

O xurado de profesionais das artes escénicas desta IX edición do Certame Micro-Escenas Mestivo integrado por Kirenia Martínez, mediadora cultural, directora, bailarina e coreógrafa; Camilo Franco, escritor, crítico teatral, xornalista e director de Culturgal; Alba Bermúdez, actriz e integrante da compañía Galeatro; Carmen Castro, directora artística do FIOT e xefa do Servizo de Cultura do Concello de Carballo; e Xiana Márquez, membro da organización do FIOT e monitora cultural da concellaría de Cultura o Concello de Carballo, en calidade de secretaria do xurado e sen voto.

Certame Micro-Escenas M2 é unha iniciativa de teatro de proximidade, primeira creada en Galicia, que busca visualizar novos formatos e experiencias escénicas, así como apoiar a compañías e creadores emerxentes. As propostas finalistas neste 2025 poderán verse en espazos non convencionais e singulares de Carballo durante as fines de semana do #FIOT34: a tenda de fotografía e servizos dixitais Interfilm Carballo, o Parque das Camelias, a Residencia de maiores da praza de Vigo, a terraza do Pazo da Cultura ou a rúa do Sol. A entrada é libre ata completar a capacidade de cada espazo.

Sen medo, sen barreiras, sen artificios, sen rede. O Certame Micro-Escenas Mé teatro mínimo, intenso, en primeiro plano, en cru; teatro que nos asalta desde o cotián, desde a proximidade, desde espazos comunitarios…, nun metro cadrado. Neste 2025, o público do FIOT poderá experimentar unha nova experiencia na que o público pode mirar aos ollos das actrices e dos actores e case tocar, ulir e mesmo saborear a peza, para continuar vivindo intensamente unha experiencia teatral diferente.

Deste xeito, esta IX edición do Certame de Micro-Escenas Mdo FIOT continúa apoiando a creación escénica de novos formatos e a compañías e artistas emerxentes, ofertando un espazo no que poder experimentar e investigar sobre os límites do feito teatral. A 6 pezas finalistas do certame neste 2025 recibirán unha compensación económica de 450 euros, ademais de optar, durante a celebración do FIOT, aos galardóns de Mellor Espectáculo e Mellor Interpretación, recoñecementos que outorgará o público fioteiro finalizado o evento e que suporán outro premio de 150 euros en cada caso. Ademais, unha das pezas será seleccionada para a súa exhibición na programación de artes escénicas de Culturgal 2026.

CALENDARIO REPRESENTACIÓNS IX CERTAME MICRO-ESCENAS MNO #FIOT34

Sábado 11 de outubro

Ás 12.00h, 13.00h, 17.30h e 18.30h

AMPARO MARTÍNEZ

Domitila ESTREA ABSOLUTA

Lugar: Interfilm Carballo (avenida das Flores, 1, baixo)

SILVIA BÁTEGA

Só son unha moza con rabia ESTREA ABSOLUTA

Lugar: Parque das Camelias (rúa das Camelias, s/n)

Sábado 18 de outubro

Ás 12.00h, 13.00h, 17.30h e 18.30h

DANI BLANCO

O novo ESTREA ABSOLUTA

Lugar: Residencia de Maiores (praza de Vigo, s/n)

CORIFEO TEATRO

Covers ESTREA ABSOLUTA

Lugar: Pazo da Cultura (rúa do Pan, s/n)

Sábado 25 de outubro

Ás 12.00h, 13.00h, 17.30h e 18.30h

BENGALA TEATRO

Alicia Wants To ESTREA ABSOLUTA

Lugar: Rúa do Sol, 46

UXÍA ALGARRA

Gracias por su visita

Lugar: Terraza do Pazo da Cultura (rúa do Pan, s/n)

UN CERTAME PIONEIRO EN GALICIA

Certame Micro-Escenas M2 unha das súas principais liñas de programación do FIOT, que ofrece ao público a posibilidade de gozar de creacións escénicas experimentais en espazos non teatrais e singulares da localidade. Trátase do primeiro certame de microteatro que se realiza en Galicia, nacido ao abeiro do FIOT a pasada década como unha proposta específica de apoio á creación escénica de novos formatos e de compañías ou creadoras e creadores emerxentes. 

As e os artistas son quen de xerar, no marco dun gran festival, novas experiencias teatrais, de pequeno formato, en contextos non habituais para a representación escénica, que contextualizan e serven de escenografía natural da obra, nos que un número moi limitado de asistentes se sitúa a curta distancia dos intérpretes. Así, á vez que difunde e visualiza o traballo das creadoras, o certame ofrece cada ano ao público da comarca unha nova experiencia escénica, diferente ás habituais nos recintos: sen barreiras, sen artificios e desde a proximidade, que posibilita a captación de novos públicos e a implica á veciñanza en proxectos escénicos.

O pasado mes de maio, o FIOT abriu a inscrición da novena edición do certame, convidando ás compañías e artistas emerxentes a crear ou deseñar un espectáculo (de teatro físico, música, clown, performance, danza, manipulación de obxectos…), prioritariamente en lingua galega, de entre 10 e 20 minutos, que se puidera poñer en escena, especificamente, nun espazo non convencional, cun máximo de 25 espectadores, entre o 3 e 26 de outubro de 2025. 

As propostas podían ser tanto pezas orixinais coma xa estreadas, aínda que o xurado do certame (composto por diferentes persoas relacionadas coas artes escénicas) tería en conta a nova creación e, especialmente, a adecuación e a interacción cos espazos ofertados e a autoría propia. Este seis pezas finalistas seleccionadas polo xurado, unha vez representadas, recibirán unha compensación económica de 450€. Ademais, todas as obras exhibidas serán valoradas polo público asistente mediante un sistema de votacións e optarán a premios de 150€ á mellor interpretación e ao mellor espectáculo

313 PROPOSTAS EXPERIMENTAIS RECIBIDAS EN NOVE ANOS

Ao longo destes nove anos, o Certame de Micro-Escenas M2 acadou un importante éxito en canto ás propostas recibidas, tanto polo seu número (313, sumando ás 25 pezas recibidas a concurso neste 2025) como pola calidade e diversidade das pezas; sendo quen de suscitar o interese tanto de creadores individuais coma de equipos (integrados por 3-5 persoas), da veciñanza ou mesmo dos axentes económicos, comerciais ou cidadáns de Carballo que colaboraron coa cesión de espazos. Na súa traxectoria, Metro Cadrado contou con funcións, entre outros puntos, nun lavadoiro municipal, no despacho do alcalde, nunha barbería, nas fiestras da Ludoteca Municipal ou mesmo no Salón de Plenos.