Carballo | A película galega «Ons» pechará este xoves as Noites de Cine

0 minutes read

«Ons», película premiada co Premio Mestre Mateo 2021 á Mellor película, pechará este xoves en Carballo as Noites de Cine, a cita será ás 22:00 horas na rúa Jacinto Amigo. Vicente e Mariña viaxan a Ons para pasar o verán. El aproveitará as vacacións para recuperarse dun accidente e das súas consecuencias psicolóxicas. Co paso dos días, o matrimonio irá descubrindo segredos gardados da súa relación de parella.