O Concello de Carballo celebrará este luns 25 o Pleno ordinario de xaneiro, será telemático e como único punto da orde do día figura a aprobación dos investimentos propostos polo grupo de goberno sobre o POS+ da Deputación da Coruña, que ten de prazo de aprobación ata o 4 de febreiro, e do que o Concello de Carballo ten unha asignación de 1,8 millón de euros. Arredor de 800.000€ serán empregados en gasto corrente. No Plan Complementario figuran varias melloras da rede de abastecemento en varias rúas do casco urbano, conexión dos depósitos de Seixo Branco coa ETAP do Río Anllóns, varias melloras na parroquia de Sísamo e rede de abastecemento e saneamento en Vilar de Uz, en Oza. Ademáis o Concello tamén ten previsto empregar 384.000 euros para o Servizo de Axuda no Fogar.
21