Carballo | A rapazada do proxecto virtual “A vila do mañá” sae á rúa

Xogos no parque de San Martiño dentro da programación da "Vila do mañá"_Concello de Carballo

  • Esta fin de semana construíron un espazo de xogos con fíos de cores no parque de San Martiño

Aínda que parte das actividades se desenvolven de maneira virtual, o proxecto “A vila do mañá” implica o contacto directo coa contorna na que se desenvolve. O luns pasado, os 34 nenos e nenas que finalmente participan na iniciativa recolleron as súas caixas cos materiais necesarios para traballar ao longo das vacacións de Nadal.

Despois de practicar na casa creando estruturas con fíos de cores, o sábado “tomaron” o parque de San Martiño coas súas madeixas de la e, coa axuda do equipo técnico do proxecto, convertérono nun enorme espazo lúdico. Con outro dos elementos que contén a caixa, un marco de papel, esta semana tamén empezaron a “enmarcar” os elementos arquitectónicos que son importantes para eles. “Levei unha grata sorpresa, porque por primeira vez aparece Derrubando muros con pintura dentro dos marcos, algo que na edición do 2018 non sucedera”, destaca a arquitecta Sandra González Álvarez, directora de “A vila do mañá”.

O próximo reto colectivo será a construción dun muro vexetal na rúa Vila de Noia este mércores 30.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha