Carballo | A Revolta contará en breve cunha nova superficie comercial

Fachada Merka Home.

Avanzabámolo estes últimos días en nhdiario.es, a zona da Revolta en Carballo está en plena expansión comercial, á parte do proxecto millonario da Agra do Formigoso, van saíndo á luz aos poucos outras iniciativas comerciais e outras cantas están en proceso de xestación nos poucos metros de terreo que aínda quedan libres ou sen construír na zona.

O inminente é a próxima apertura, a finais de outubro ou principios de novembro, dunha nova superficie de vendas de artigos de bazar, flores, decoración, roupa de traballo e mobles. Estará situada na nave principal do antigo concesionario de coches Cancela S.A., contará cunha extensión de máis de 1.500 metros cadrados e un amplo aparcamento exterior con capacidade para uns 40 turismos.

A obra de adaptación está moi avanzada e xa se está procedendo á recolocación da mercadoría, tal e como nos comentan os promotores da iniciativa, un hiper que virará baixo o nome comercial de Merka Home.

Imaxe da fachada do hiper, iluminada de noite.