42
O Concello de Carballo emitiu un comunicado no que avisa do corte ao tráfico rodado da rúa Mahón durante a xornada deste luns 14 de marzo. O motivo deriva dos traballos que vai levar a cabo a empresa Elecnor na citada rúa. Para facilitar o tráfico rodado cambiarase o sentido de circulación na rúa Río Eume.