Carballo | A Xunta adxudica a redacción do proxecto de remodelación do parque do San Martiño

1 minutes read
  • A intervención enmárcase no convenio de colaboración asinado en xaneiro polo departamento que dirixe Ethel Vázquez e o Concello de Carballo, que suporá un investimento autonómico global de 3 millóns de euros.

Trátase dunha das 5 actuacións prioritarias para reducir o risco de asolagamento no río Anllóns ao seu paso polo municipio, en particular para esta área declarada de risco potencial significativo.

O contrato, adxudicado á empresa Ingeniería del Noroeste, S.L., por un investimento de preto de 18.000 euros, conta cun prazo de execución de 2 meses. O obxectivo deste traballo é o desenvolvemento da solución definida no anteproxecto redactado por Augas de Galicia, para a construción de motas de protección fronte ás avenidas no Parque San Martiño.

Deste xeito, o adxudicatario definirá as obras sobre a base das medidas previstas no dito anteproxecto, con tres zonas diferenciadas: a primeira, augas abaixo da ponte da rúa Sol; a segunda no propio parque de San Martiño, bordeando a rúa San Ramón e terminando na ponte da rúa Iglesia; e a terceira, entre o parque de San Martiño -ponte da rúa Iglesia- e a ponte Aforo.