Carballo | A Xunta de Goberno Local aproba subvencións para tres entidades empresariais locais

Imaxe de arquivo das bolsas de promoción do CCA_Cedida

A Xunta de Goberno Local aprobou a concesión de subvencións ás tres entidades empresariais en activo no termo municipal por un importe total de 65.845,54 euros. As axudas, convocadas de xeito anual pola Concellaría de Promoción Económica para impulsar a dinamización, os programas de formación e as actividades que desenvolven as asociacións de empresarios e comerciantes, repártense nesta ocasión do seguinte xeito:

  • Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo: 30.000 euros, que se destinarán, segundo a memoria presentada pola entidade, ao financiamento da xerencia e a animación comercial.
  • Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober): 30.000 euros, que investirán en actividades de difusión, formación, promoción e apoio ao tecido empresarial local, así como á organización de actividades como Berocasión ou Axober Work Party.
  • Asociación As Eiroas de Empresarios e Propietarios do Polígono de Bértoa: 5.845,54 euros, que servirán para financiar o programa Impulsando a empregabilidade desde o polígono de Carballo.

A través desta liña de axudas, o Concello de Carballo quere seguir contribuíndo á revitalización dos diferentes sectores económicos. Dende o ano 2015, no que se convocaron por vez primeira, os recursos destinados a financiar as actividades das asociacións empresariais e comerciais aumentaron un 177%.

Related posts

Unha muller tivo que ser evacuada en ambulancia tras tropezar nun buraco e caer na rúa Gran Vía de Carballo

Rebenta unha antiga balsa no Monte Neme e arrasa a estrada que une Leiloio con Razo

O alcalde de Laxe analiza coa Xunta a posta en valor dos recursos turísticos da vila